• GALEGO
  • ESPAÑOL
  • ENGLISH
     
  noticias  

GARUFA CLUB. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL. 26

GARUFA CLUB. DIRECTOS XACOBEO ’21. VOL. 26
13 NOVEMBRO 2021

Sen restricións de capacidade e con ampliación do horario de apertura, as salas tocan a volta á normalidade coa punta dos dedos; o que significa que estamos a un sábado menos de que a música ao vivo tamén se poida volver desfrutar como antes. Mentres, deixámosvos un novo volume de Directos Xacobeo’21! Lembrade que as actuacións están divididas en capítulos (un por canción). Deste xeito, resulta máis sinxelo tanto acceder a calquera parte da gravación como saber exactamente que tema escoitamos en cada momento con só botarlle unha ollada á barra de progreso. Alén diso, no propio vídeo, aparece un rótulo co título ao comezo de cada tema.

 

 

GARUFA CLUB

O Garufa Club herdou o legado do antigo Garufa e é unha das salas máis representativas da Coruña, cunha gran traxectoria e máis de vinte anos de experiencia ás súas costas. Situado na rúa Riazor, este local de gran capacidade presenta un espazo de luxo para desfrutar da mellor música en vivo nun ambiente relaxado e acolledor, mais tamén doutros espectáculos relacionados coas artes escénicas. A súa programación coidada e variada fará as delicias de todo amante da música, quen poderá desfrutar a partes iguais de iconas como Chuck Prophet ou Peaking Loghts, e artistas emerxentes.

 

Dirección: Riazor 5, 15004, A Coruña

Facebook: https://www.facebook.com/SalaGarufaClub/

 

 

 

LOS HOT CHOCOLATES

Banda coruñesa adicada a trasladar ao público ás orixes do jazz, xa que durante os concertos asemella que estemos no mesmísimo Harlem neoyorquino ou nas orillas do Misisipi. O seu obxectivo é claro, contaxiar o amor polas melodías do jazz e o swing máis clásicos, achegándonos a unha música alegre e positiva de fai xa máis dunha centena de anos, para ambientarnos nunha época grandiosa para o dixieland e o swing. Desde 2013 levan facendo bailar e divertindo ao público de multitude de salas ou mesmo no XXVI Festival de Jazz de Ceuta, por exemplo, cunha atmosfera festiva do máis cativadora.

 

 

 

HAVANA SOUL

A combinación perfecta entre Cuba e Galicia, esta banda está composta polo mellor de cada terra: Dayamí Andux (voz), Fernando Couce (tambores), Jose Luis Cuba (baixo), Sergio Delgado (piano) e liderada polo virtuoso trompetista cubano Wilson Ortega, afincado na Coruña desde 1997. Trátase dun throwback en forma de homenaxe a unha época e, sobre todo, a un modo de comprender a música. Deste xeito, Havana Soul realiza versións que integran música cubana, galega, portuguesa, jazz, soul ou o funky, resultando nunha fusión de sons e ritmos hipnótica.

 

 

 

SABINARIA

A banda naceu hai xa uns anos coa intención de homenaxear co máximo respecto e admiración ao gran Joaquín Sabina, ademais de a Pancho Varona, a través de cancións tanto dos seus inicios como actuais. Con todo, Sabinaria ten un distintivo respecto ao resto de tributos a Sabina, xa que as súas versións teñen voz feminina. A encargada de darlle ese plus diferente ao grupo e de meterse na pel do artista xienense é Julietta Barro, acompañada por Sara Vázquez aos coros e cinco músicos: Alfredo García (guitarra), Anxo Seco (teclado), Iago Mouriño (teclado), Jorge Quesada (baixo) e Oscar Quintáns (batería).

 

 

 

ALEX RODRÍGUEZ

Non hai océano que separe Caracas e A Coruña cando Alex Rodríguez se sobe a un escenario. O músico e intérprete venezolano leva anos enchendo a noite herculina de ritmos latinos. En grupo ou en solitario, Alex Rodríguez ofrece un amplo repertorio de composicións centradas na salsa e no bolero capaz poñer a bailar ao público, aínda na cadeira!

 

 

  noticias